Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Concello de Lugo secundou este xoves a manifestación en apoio ao sector lácteo convocada pola Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego en Vilalba

O Concello de Lugo secundou este xoves a manifestación en apoio ao sector lácteo convocada pola Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego en Vilalba

  • Tema
    • Medio rural,
    • Protección do medio rural
Xoves, 20 de agosto de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O voceiro municipal e Concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, durante a mobilización

O Concello de Lugo secundou este xoves a manifestación en apoio ao sector lácteo convocada pola Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego en Vilalba. Deste xeito, a entidade local reforza unha vez máis o seu compromiso cun sector “fundamental” para Lugo. O voceiro municipal e Concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández, participou nesta mobilización para esixirlle ao Goberno Central e á Xunta de Galicia “solucións políticas inmediatas” que poñan fin á situación “insostible” que están a vivir os gandeiros. 


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-secundou-este-xoves-manifestacion-en-apoio-ao-sector-lacteo-convocada-pola