O convenio recolle que a cofinanciación da obra se realizará de conformidade coa siguiente fórmula: a Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, aportará o 95% da inversión, mentres que o Concello asume o 5% restante do custo total.
A sinatura do convenio, que se realizará tras a súa aprobación en XGL nas vindeiras semanas, da continuidade ao protocolo asinado e permite concretar un proxecto estratégico que contará cun investimento superior aos 2 millóns de euros e suporá unha mellora da calidade de vida na zona.
“Este acordo responden a unha estratexia clara: recuperar a nosa cotorna fluvial como espazos públicos de referencia, integrados na vida urbana, ao servizo das persoas e do desenvolvemento equilibrado de Lugo”, sinalou o alcalde.
“É unha actuación que permitirá mellorar a funcionalidade dun espazo no que o barrio da Ponte, historicamente vinculado ao río, poderá recuperar e reforzar esa relación entre o ámbito residencial e o medio natural”, explicou o presidente do Organismo da Conca.

O Concello de Lugo e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) asinarán en breve o convenio para a execución do proxecto de Fermín Rivera, unha actuación cun investimento superior aos 2 millóns de euros que suporá unha mellora substancial do entorno fluvial nesta zona da cidade. A aprobación do acordo farase efectiva ao longo das vinceiras semanas en Xunta de Goberno Local paso previo a rúbrica do mesmo.
Deste xeito, co proxecto xa redactado e as necesarias consignación orzamentarias previstas en ambos os dous organismos, a obra poderá comenzar ao longo deste 2026 sendo a previsión que o proceso de adxudicación se leve a cabo ao longo da da próxima primavera. O convenio recolle que a cofinanciación da obra se realizará de conformidade con la siguiente fórmula: a Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, aportará o 95 % da inversión, mentres que o Concello asume o 5% restante do custo total.
A sinatura deste convenio dá continuidade ao protocolo rubricado entre o Concello de Lugo e a CHMS, consolidando un proxecto que permitirá avanzar na recuperación ambiental, paisaxística e funcional dun espazo de gran valor urbano e natural. A actuación suporá unha transformación integral do ámbito fluvial, incrementando o seu uso público e mellorando a súa integración coa contorna residencial.
O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, foron os encargados, xunto aso técnicos de ambos os dous organismos, de dar forma a este acordo, que terá un impacto directo na calidade de vida da veciñanza da zona e dos numerosos usuarios e usuarias quetransitan e desfrutan deste espazo a diario. O proxecto permitirá reforzar a seguridade, a accesibilidade e o aproveitamento social do entorno fluvial.
“Quero agradecer expresamente a sensibilidade, a disposición e a colaboración leal do presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, porque grazas a este traballo conxunto Lugo segue avanzando nun modelo de cidade máis verde, máis sostible e con mellor calidade de vida. Este convenio non é un feito illado, senón unha mostra clara de que cando as administracións cooperan con visión de futuro, os resultados chegan á cidadanía. Actuacións como a de Fermín Rivera, a unión dos paseos do Miño e do Rato, que permite completar o cinto verde da cidade, ou o proxecto para acondicionar a ribeira do río Rato ata o seu nacemento responden a unha estratexia clara: recuperar os nosos ríos como espazos públicos de referencia, integrados na vida urbana, ao servizo das persoas e do desenvolvemento equilibrado de Lugo, reforzando ademais a relación histórica do barrio da Ponte co seu entorno fluvial.”, sinalou Fernández.
Pola súa banda, o presidente da CHMS destacou que se trata dun proxecto moi ambicioso, cunha importante dotación económica, que vai transformar un entorno fluvial clave para a cidade. “É unha actuación que permitirá mellorar a funcionalidade dun espazo no que o barrio da
Ponte, historicamente vinculado ao río, poderá recuperar e reforzar esa relación entre o ámbito residencial e o medio natural”, explicou Quiroga.
Con este novo convenio, que permitirá la meterilización do proxecto, ambas administracións reafirman o seu compromiso coa recuperación da contorna fluvial como espazo de convivencia, sustentabilidade e cohesión urbana, apostando por proxectos que combinan respecto ambiental, mellora do espazo público e desenvolvemento dunha cidade máis amable e conectada coa súa contorna natural.

