O Concello de Lugo promove a VIII Exposición de cogomelos que se celebrará no Colexio Rosalía de Castro

Martes, 03 de novembro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo, promove a VIII Exposición de cogomelos que se celebrará no Colexio Rosalía de Castro o vindeiro 8 de novembro en horario de mañá e de tarde.

Concepción Burgo será a encargada de inaugurar a exposición o próximo domingo 8 de novembro. A mostra estará aberta de 11,30 a 14,00 horas e de 15,30 a 19,30.

A Concelleira de Cultura e Turismo agradeceu o labor dos organizadores por levar a cabo un evento que cada ano conta con máis adeptos.

A exposición está organizada pola sociedade micolóxica Lucus e conta coa colaboración do Concello de Lugo e o Restaurante España.

Os organizadores esperan contar con preto de 200 variedades de cogomelos para expor. Na mostra indicaranse os consellos para o buscador de cogomelos, así como o carácter de comestibilidade dos mesmos.

O organizador das xornadas, Julián Alonso, destacou que a exposición presentará “un espectáculo visual fermoso, ao tempo que ofrecerá unha mostra didacticamente aproveitable”.

Multimedia

Noticias relacionadas