O Concello de Lugo pecha os parques da cidade debido a unha alerta amarela por ventos de ata 90 km por hora

Martes, 02 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo pecha os parques da cidade debido a unha alerta amarela por ventos de ata 90 km por hora

O Concello de Lugo informa de que ao longo desta mañá  a área de Transición Ecolóxica, que dirixe Miguel Fernández, está a realizar o peche dos parques da cidade ante a chegada dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo, por ventos de procedencia sur e suroeste que poden deixar refachos de até 90 km por hora e que afectarán a toda a provincia.

Dende Transición Ecolóxica explícase que operarios dos servizos municipais precintarán, por tanto, os parques de Rosalía de Castro, Marcos Cela e A Milagrosa, quedando prohibida a entrada aos mesmos dende ese momento.

Ademais, faise un chamamento á cidadanía para pedirlle que respecten estas limitacións, evitando correr riscos innecesarios para non poñer en perigo a súa seguridade.

Noticias relacionadas