O Concello de Lugo e Caja Mediterránea inauguran a Praza da Enerxía

Mércores, 28 de abril de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo e Caja Mediterránea puxeron en marcha a Paza da Enerxía coa que pretende concienciar á poboación no uso responsable da mesma, así como reafirmar o seu compromiso co desenvolvemento de enerxías renovables.

O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, e o José Ramón Lozano Cabarcos, Director da Caja Mediterránea en Lugo, inauguraron esta exposición didáctica que estará aberta ao público ata o 30 de abril na Praza de Anxo Fernández Gómez.

Trátase dunha proposta educativa, divulgativa e de concienciación sobre a enerxía, as súas fontes, usos e consecuencias, que CAM pon a disposición da comunidade educativa, e que poderá visitarse de 8.30 a 16.30 horas.

O obxectivo é que os cativos e cativas de Lugo comprendan que a enerxía é imprescindible para a nosa vida. Consumir enerxía é sinónimo de actividade, de transformación e de progreso. O consumo de enerxía en todo o mundo depende actualmente de fontes ou recursos que no seu maior parte teñen carácter limitado, calculándose que o conxunto das reservas mundiais de carbón, petróleo e gas teñen unha duración dun cento cincuenta anos ao ritmo actual de crecemento do consumo.

Por outra banda, o consumo de enerxía ten consecuencias negativas sobre a conservación do medio ambiente, como o “efecto invernadoiro” e o cambio climático por sobre calentamento da atmosfera, a “choiva ácida”, o buraco da capa de ozono...etc. E aínda que existen moitas alternativas ao uso de enerxías fósiles -enerxía solar, eólica, hidráulica, mareomotriz-, e afortunadamente víronse incrementadas nos últimos anos, son insuficientes as instalacións e por tanto as producións destas fontes de enerxía.

Que podemos facer ante isto? Desde a educación ambiental está a demostrarse que aos poucos se vai conseguindo mellorar a conciencia do cidadáns respecto ao medio no que viven. E desde esta, débense transmitir os problemas que o uso inadecuado da enerxía esta provocando no noso planeta e do que todos somos responsables; e como non, concienciar no aforro de enerxía, como a conduta cívica e correcta que nos levará a mellorar a nosa contorna e a nosa calidade de vida.

O Concelleiro de Medio Ambiente indicou que “esta iniciativa é fundamental concienciar aos máis novos, pois eles son e serán os consumidores do futuro, para que debemos consumir menos enerxía para garantir a sostenibilidade do planeta”.

Multimedia

Noticias relacionadas