O Concello de Lugo colabora na formación gratuíta en novas tecnoloxías a través de cursos online homologados pola Fundae

A planificacón dos cursos é mensual e daranse a coñecer previamente a través das redes sociais do Concello e do Servizo de Orientación Laboral.

As persoas interesadas deberán cubrir o formulario que poderán atopar na páxina web do Concello. Será o SEPE quen autorice a realización dos cursos.

Unha vez rematada a formación, os alumnos recibirán un título homologado pola Fundae acreditando a superación do curso e o número de horas realizadas.

Luns, 28 de decembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo colabora na formación gratuíta en novas tecnoloxías a través de cursos online homologados pola Fundae

O Concello de Lugo vén de asinar un acordo de colaboración coa entidade Foro de Formación y Ediciones para ofrecer cursos gratuítos a cidadanía na modalidade online, centrados nas novas tecnoloxías da información aplicadas en diferentes sectores productivos como: metal, alimentación, agricultura, gran distribución e actividades medioambientais.

As accións formativas son gratuitas e están dirixidas preferentemente a traballadores ocupados (incluíndo persoas traballadoras autónomos e traballadores incluidos no  Réximen Xeral da Seguridade Social), persoas en situación de ERTE e persoas desempregadas. Cada persoa poderá realizar un máximo de 180 horas de formación, repartidas en diferentes cursos, ou ben un único curso de 200 horas. No caso dos cursos relacionados coas TICs o número máximo de horas a realizar será de 120 horas.

A planificacón dos cursos é mensual e daranse a coñecer previamente a través das redes sociais do Concello e do Servizo de Orientación Laboral. A metodoloxía formativa será de teleformación, utilizando as plataformas do Foro de Formación y Ediciones S.L. e todas as accións formativas estarán titorizadas por docentes especializados.

Unha vez rematada a formación, os alumnos serán acreditados co título que lles recoñoce que fixeron a formación e superaron as diferentes probas. Os alumnos recibirán un título homologado pola FUNDAE (Fundación Estatal Para a Formación para o Emprego), acreditando a superación do curso e o número de horas realizadas. Así mesmo, as diferentes accións formativas, estarán supervisadas polo SEPE.

Entre os requisitos esixidos para realizar a inscrición nos cursos atópanse os seguintes:

  • Traballadores de calquera sector afectados por  ERTE.
  • Autónomos de todos os sectores.
  • Traballadores ocupados dos seguintes sectores:
    • Industrias Químicas
    • Perfumería e afíns
    • Industrias extractivas, industrias do vidro, industrias da cerámica e o comercio  exclusivista dos mesmos materiais
    • Pastas, papel e cartón
    • Sector do xoguete
  • Persoas traballadoras desempregadas, reservándose un 30% de prazas, previa autorización do SEPE.

As persoas interesadas en realizar a formación, deberán cubrir o formulario que poderán atopar na páxina web do Concello. As primeiras accións formativas darán comezo a mediados de xaneiro, e a inscrición para as mesmas abrirase nos vindeiros días. Será o propio SEPE quen autorice directamente a realización dos cursos. 

Noticias relacionadas