O PIT continúa a consolidarse como "un centro referencial na formación viaria das nenas e nenos"

Rubén Arroxo e Iria Buide achegáronse esta semana ás instalacións do Parque Infantil de Tráfico para dar a benvida a un dos grupos de estudantes de Lugo que desfrutou dunha sesión de formación vial.

Buide destacou que o Goberno de Lugo oferta estas actividades aos centros de ensino de xeito gratuíto.

Sábado, 25 de outubro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O PIT continúa a consolidarse como "un centro referencial na formación viaria das nenas e nenos"

O tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a Concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, visitaron as instalacións do Parque Infantil de Tráfico ubicado no Parque da Milagrosa, onde os distintos centros de ensino de Lugo están a desfrutar de cursos de educación viaria. A edi de Educación, Iria Buide, destacou que "centos de escolares de Lugo van desfrutar de formación en educación viaria impartida en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico, unha formación de primeira calidade para as nenas e nenos", e engadiu "no PIT, as nenas e nenos poden simular diferentes situacións sobre mobilidade e tráfico nun entorno seguro".

"Coa posta en marcha destes cursos consolidamos esta instalación municipal como un centro referencial formación das nenas e nenos, obxectivo principal desta instalación", afirmou Buide, que destacou a importancia desta formación "que se oferta a todos os centros de ensino que o desexen, traendo ao PIT ao maior número de estudantes posible"

A Tenencia de Alcaldía e a DXT traballan en conxunto para "achegar coñecemento e boas prácticas sobre seguridade vial a todas as nenas e nenos do Concello de Lugo, a través de colaboracións que se farán chegar tamén aos centros de ensino".

Multimedia

  • O PIT continúa a consolidarse como "un centro referencial na formación viaria das nenas e nenos"
  • O PIT continúa a consolidarse como "un centro referencial na formación viaria das nenas e nenos"

Noticias relacionadas