O Concello de Lugo aproba o proxecto Lucus Mundi que permitirá a realización de prácticas no estranxeiro a estudantes de grados medios

A Xunta de Goberno Local aprobou a modificación dos artigos relacionados coa selección do tribunal nas probas de acceso á administraciòn local dacordo cunha solicitude da Mesa Negociadora.

Mércores, 15 de outubro de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Voceiro do Goberno local e Concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, Luis Álvarez, informou da aprobación na Xunta de Goberno Local celebrada esta mañá, do proxecto Lucus Mundi.

Trátase dun programa dirixido a un máximo de 45 persoas de entre 18 e 35 anos e de Lugo que estén recén titulados en Formación Profesional de Grado Medio acadado nalgún dos centros que conforman o Consorcio conformado para a solicitude de dito programa. Este Consorcio está formado pola Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, o IES Muralla Romana e o IES Sanxillao.

Este proxecto que conta cun orzamento de 292.000 euros financiado ao 100% pola Unión Europea a través do Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos estña dirixido a estudantes de artes plásticas e deseño, de administración e xestión, imaxe persoal, informática e comunicación, hostalaría e turismo e servizos socioculturais e á comunidade.

Luis Álvarez sinalou que “este proxecto prevé a realización de prácticas profesionais en empresas europeas e nestes tempo ninguén dubida de que as estancias transnacionais son unha parte fundamental para a formación dos nosos estudantes”. Así, durante 3 meses os bolseiros que formen parte deste programa realizarán as prácticas en empresas de Portugal, Italia, Austria, Irlanda e Reino Unido.

Outro dos asuntos aprobados na Xunta de Goberno Local foi a modificación do punto relativo á composición e nomeamento dos tribunais no aspecto referido ós vogais para que non se solicite, en adiante, proposta a ningún órgano de representación sindical para formar parte dos tribunais dos procesos selectivos. Esta decisión tómase dacordo coa proposta feita, no seu día, por un sindicato á Mesa Negociadora segundo explicou Álvarez.

A nova redacción dí que os vogais serán tres técnicos ou especialistas de igual ou superior titulación á da praza convocada e da mesma área de coñecemento, nomeados pola Xunta de Goberno Local, se é o caso, ben entre persoal de calquera das administracións públicas (local, autonómica ou estatal) ou ben entre profesionais ou persoal docente.

Noticias relacionadas