O Concello de Lugo abre as portas das súas plantas potabilizadora e depuradora a toda a cidadanía

O Executivo de Paula Alvarellos e a empresa xestora da instalación poñen en marcha un programa visitas guiadas durante os meses de marzo, abril e maio.

Estes itinerarios guiados forman parte dun programa de divulgación ambiental que incluirá, ademais, roteiros naturalistas interpretativos pola contorna del río Miño durante este primeiro semestre do ano.

“O obxectivo destas visitas é ofrecer unha formación experiencial a centros educativos do territorio e á sociedade en xeral”, explicou o edil de Transición Ecolóxica.

Martes, 25 de febreiro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello de Lugo abre as portas das súas plantas potabilizadora e depuradora a toda a cidadanía

O Concello de Lugo abre as portas das súas plantas potabilizadora e depuradora a toda a cidadanía. Coincidindo co arranque do mes no que se celebra o Día Mundial da Auga, o 22 de marzo, o Concello de Lugo e  a empresa responsable da xestión destas dotacións, Gestagua, amosarán estas dúas instalacións fundamentais na xestión do ciclo integral da auga da cidade a partir do próximo xoves 6 de marzo. “O obxectivo destas visitas tantos á Estación de Tratamento de Auga Potable como á Estación Depuradora de Augas Residuais de Lugo, é ofrecer unha formación experiencial a centros educativos do territorio e á sociedade en xeral”, explicou o edil de Transición Ecolóxica, Miguel  Fernández.

O prazo de solicitude de visita para centros escolares segue activo ata o 28 de febreiro, a través das canles habituais. Ata a data, máis de 800 alumnos participaron nestas visitas e estímase que máis de 1.500 o fagan nesta nova edición. As visitas estarán dispoñibles entre os meses de marzo, abril e maio e poderán solicitarse, para grupos de ata 30 persoas.

Este programa de visitas enmárcase dentro dun proxecto máis amplo de divulgación ambiental do Concello de Lugo e Gestagua, co que se pretende inspirar ás xeracións presentes e futuras a coidar e preservar o vital recurso hídrico que sustenta a vida na localidade de Lugo, a auga.

Estes itinerarios guiados permitirán aos participantes adquirir un coñecemento real do ciclo integral da auga da súa cidade e concienciarse sobre a importancia de protexer este recurso finito e de tanto valor para a nosa sociedade”, explicou Fernandez que considera que se trata dunha maneira práctica e amena de adquirir coñecementos e reflexionar sobre os nosos hábitos en relación á auga.

Ademáis de centros da toda a provincia de Lugo, este ano tamén participarán centros educativos de Ourense. Calquera colectivo, asociación veciñal, ou outro grupo interesado en visitar estas instalacións, imprescindibles na xestión do ciclo da auga urbana en Lugo, poderá realizar a súa solicitude, a través do correo electrónico: lugo@gestagua.es.

Noticias relacionadas