O Concello consegue unha axuda de 19.400 euros para a Escola Municipal de Música, a máis alta de Galicia

Manuel Núñez amosou a súa satisfacción por esta subvención, que redundará en beneficio do alumnado desta escola, que cada ano conta cunha maior demanda, tendo neste curso ao redor de 1.000 matrículas, e incrementándose ano a ano

Esta subvención súmase a unhas tarefas de 2.000€ que vén de acometer o Concello nas instalacións da escola para unificar dúas aulas e a outra inversión de 13.0000€ para a adquisicón de mobiliario, instrumentos e material de oficina, informática e tecnolóxico

Martes, 16 de outubro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñz, informou este martes de que o Concello vén de conseguir unha axuda de 19.400 euros para melloras no equipamento da Escola Municipal de Música, dentro da liña de subvencións autonómicas convocadas para potenciar o funcionamento dos centros que imparten ensinanzas de música non regradas e co obxecto de lles prestar apoio para o fomento e difusións de ditas ensinanzas. Trátase pois escola pública de Galicia que recibe a maior contía de axuda.

O edil amosou a súa satisfacción por esta boa nova para a cidade, que vai redundar en beneficio do alumnado desta escola, que cada ano conta cunha maior demanda, tendo neste curso ao redor de 1.000 matrículas, e incrementándose ano a ano.

Esta subvención súmase a unhas tarefas de 2.000 euros que vén de acometer o Concello nas instalacións da escola para unificar dúas aulas pequenas nunha máis grande e funcional, e poder impartir clases teóricas. Así mesmo ten prevista outra inversión duns 13.0000 euros para a adquisicón de mobiliario (mesas e sillas), a compra de 4 instrumentos necesarios para a agrupación de pito pastoril, a adquisición dun fliscorno para a Banda da Escola de Música, unha gaita medieval, material de oficina, informático e tecnolóxico (televisión, ordenadores con ratón e teclado, radios...).

O Goberno Local busca potenciar esete centro de formación musical e garantir aos alumnos e alumnas e ás súas familias unha oferta variada de servizos de calidade.

Noticias relacionadas