O Concello aprobará este mércores a contratación das obras de mellora das rúas Río Sar e Avetarda por 86.600 euros

As actuacións irán a Xunta de Goberno local e pertencen ao Plan de Barrios do Goberno de Lara Méndez para dar resposta as demandas veciñais.

Luns, 08 de xullo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta do Goberno do Concello de Lugo do vindeiro mércores, día 10, levará para a súa aprobación os proxectos de obra e as contratacións das actuacións para a pavimentación da rúa Río Sar e a mellora do pavimento e servizos na rúa Avetarda, as dúas contempladas no Plan de Barrios do Goberno de Lara Méndez.

A execución na rúa Río Sar pretende mellorar o estado no que se atopa, co pavimento cuarteado e múltiples zonas con grietas. En canto as obras se inicien, o prazo de execución será dun mes e o orzamento base de licitación ascenderá a 15.000 euros.

En canto a actuación na rúa Avetarda, vai encamiñada a reparar a pavimentación e a instalar a rede e a acometida do abastecemento de augas, así como a canalización do alumeado público.

O prazo de execución será de dous meses o orzamento base de licitación está fixado en 71.639 euros.

Estas dúas obras están contempladas no Plan de Barrios para atender as petición de mellora da veciñanza.

Noticias relacionadas