O Concello abre o proceso para renovar a xunta directiva da Escola Municipal de Música

As candidaturas poderán presentarse durante 8 días hábiles, prazo que arranca este mércores

Luns, 11 de xuño de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, asinou este luns un decreto no que aproba a instrucción que regula o proceso de renovación da xunta directiva da Escola Municipal de Música. Este decreto será publicado mañá no taboleiro da propia Escola e no de Edictos do Concello, e o prazo para a presentación de candidaturas abrirase ao día seguinte, o mércores 13, durante 8 días hábiles.

Segundo a instrucción, a cobertura dos postos deste órgano directivo realizarase mediante votación secreta no seo do claustro da Escola, tendo dereito a voto todo o persoal, funcionario ou laboral, do Concello con vinculación, tanto docente como non docente, co propio centro. As candidaturas estarán conformadas por catro persoas, que asumirán segundo conste na instancia de solicitude de participación, os postos de director/a, subdirector/a, xefe/a de estudos e secretario/a. Non serán admitidas candidaturas incompletas.

Noticias relacionadas