O Concelleiro de Urbanismo visitou o polígono da Louzaneta para coñecer as súas necesidades

Venres, 27 de abril de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Urbanismo, Luis Álvarez, visitou esta mañá o polígono da Louzaneta, a petición de membros da Asociación de Empresarios, para coñecer máis de preto as necesidades e melloras que precisa esa zona da cidade na que se asentan preto de corenta empresas diferentes.

Luis Álvarez, despois de facer un percorrido pola zona e escoitar aos empresarios, salientou que “con esta visita queremos coñecer de primeira man as problemáticas que existen neste momento e que se sintetiza na idea que teñen estes empresarios de dignificar un polígono histórico da nosa cidade”. Algúns dos temas expostos foron a mellora dos accesos, así como a mellora da urbanización da zona e o interese de moitas das empresas en facer actuacións de ampliacións nas naves industriais e adecuación aos novos tempos.

O Concelleiro de Urbanismo explicoulles que se vai estudar as solicitudes para levar a cabo unha actuación completa xa que “como responsable político debo facerme eco desa sensibilidade e intentar buscar as solucións necesarias para que estes desexo dos empresarios se poidan levar á práctica.”

Multimedia

Noticias relacionadas