O campo de fútbol municipal José Mª Rodríguez Lago acolle o campus de verán da Fundación Celta

O campus terá lugar do 8 ao 12 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas, agás o último día que se estenderá ata a xornada de tarde. Está dirixido a 120 nenos e nenas entre 4 e 16 anos

A inscrición pode facerse ata o 30 de xuño en info@fundacioncelta.com ou en club@adcsagradocorazon.es e inclúe formación en varias áreas específicas, polas que rotarán todas as nenas e nenos

Xoves, 06 de xuño de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O campo de fútbol municipal José Mª Rodríguez Lago acolle o campus de verán da Fundación Celta

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural en funcións Miguel Fernández anunciou que o campo de fútbol municipal José María Rodríguez Lago (As Gándaras) acollerá o campus de verán da Fundación Celta.  Fíxoo acompañado do director desta cita, Álex Abalde, e do vicepresidente de ADC Sagrado Corazón, Jacobo Gómez, colectivo que xunto ao Concello fan posible que Lugo acolla este evento deportivo.

O campus de verán terá lugar do 8 ao 12 de xullo, de 10:00 a 14:00 horas, agás o último día que se estenderá ata a xornada de tarde. Está dirixido a 120 nenos e nenas entre 4 e 16 anos. Todas e todos os participantes recibirán á súa chegada unha equipación completa composta por camiseta, pantalón e calcetíns. Ao remate do campus, todos os rapaces recibirán o seu diploma acreditativo, o último día nunha entrega que se celebrará en xornada de tarde, tras un xantar no propio campo.

Miguel Fernández fixo fincapé nesta cita, que permite aos máis cativos e cativas afondar nos aspectos técnicos e tácticos dun deporte ao longo do verán, ao tempo que se relacinan con outros nenos e nenas e se conciliar a vida familiar e laboral de moitos pais e nais.

A inscrición pode facerse ata o 30 de xuño en info@fundacioncelta.com ou en club@adcsagradocorazon.es e inclúe formación en varias áreas específicas, polas que rotarán todas as nenas e nenos. As e os inscritios poderán gozar dunha semana de entrenamentos, diversión, compañeirismo e moito fútbol da man dos mellores técnicos da canteira celeste.

Noticias relacionadas