O Auditorio do Vello Cárcere acollerá a conferencia O Culto á Santa Morte do profesor mexicano Daviel Reyes

Rosana Rielo, Daviel Reyes e Beatriz Fernández presentaron esta actividade, que terá lugar este mércores ás 19:00 horas, e está organizada a través do protocolo de colaboración entre o Concello e a USC

Luns, 03 de abril de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Auditorio do Vello Cárcere acollerá a conferencia O Culto á Santa Morte do profesor mexicano Daviel Reyes

A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, o profesor da Universidade mexicana de Anáhuac, Daviel  Reyes, e a profesora da Facultade de Humanidades da USC Beatriz Fernández presentaron este luns na sala de usos múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías a conferencia O Culto á Santa Morte. Breve análise do culto á Santa Morte ou ao culto ao único seguro, que impartirá este profesor mexicano o vindeiro mércores, ás 19:00 horas, no Auditorio do Vello Cárcere.

Na presentación, Rosana Rielo explicou que esta actividade está organizada a través do protocolo de colaboración entre a entidade local e a USC, “o que nos permite estreitar máis os lazos entre o Concello e a universidade, realizando actividades tan interesantes como esta”, polo que convidou a toda a cidadanía a asistir.

Pola súa banda, Daviel Reyes explicou que esta conferencia “realiza unha análise sobre un caso moi particular no que a cultura mexicana se expresa, como é o culto á santa morte”. Trátase de realizar un intercambio cultural sobre os costumes funerarios e a diversidade de interpretacións conceptuais na contorna da morte.

Multimedia

  • O Auditorio do Vello Cárcere acollerá a conferencia O Culto á Santa Morte do profesor mexicano Daviel Reyes

Noticias relacionadas