Mércores, 24 de maio de 2017
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este mércores, no Salón de Plenos, a uns 50 alumnos e alumnas de terceiro de primaria do colexio lugués de Casás, que viñan acompañados de 2 profesores. A rexedora explicoulles aos cativos e cativas, que tiñan ao redor de 8 anos, a estrutura do Pleno, así como o funcionamento dos distintos servizos municipios. Os nenos e nenas, participaron de xeito moi activo preguntando distintas dúbidas e interesándose pola toma de decisións.
Para Lara Méndez estes encontros fan que os máis pequenos do municipio se preocupen pola realidade diaria da súa administración local, ao tempo que coñecen en persoa o Concello.