O alcalde reúnese coas candidatas a reitoras da USC, Rosa Crujeiras e María José López, para coñecer as súas liñas estratéxicas cara á consolidación do Campus Terra

O rexedor interesouse polas propostas dos programas das catedráticas de Estadística e de Filoloxía, respectivamente, e polas súas posturas sobre o futuro da Escola de Enfermería, do Pazo de Montenegro e pola maior independencia do Campus lucense.

Mércores, 04 de febreiro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O alcalde reúnese coas candidatas a reitoras da USC, Rosa Crujeiras e María José López, para coñecer as súas liñas estratéxicas cara á consolidación do Campus Terra

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, continuou hoxe coa rolda de contactos coas candidatas a reitoras da USC, de cara as vindeiras eleccións do día 12, e coñecer as liñas estratéxicas xerais dos seus programas e, de xeito particular, as súas apostas para o avance do Campus Terra. Neste sentido, comezou a xornada cunha reunión coa catedrática de Estadística, Rosa Crujeiras Casais, quen estivo acompañada de parte do seu equipo. Por outra banda, a última hora da mañá mantivo outro encontro coa catedrática de Filoxía Inglesa, María José Couso, que durante anos estivo no equipo do anterior reitor Antonio López.

O rexedor lucense interesouse de xeito especial polos plans e propostas de ambas candidatas respecto ao proceso de internacionalización do Campus de Lugo; polo futuro do Pazo de Montenegro, antiga sede do Vicerreitorado; e por temas nos que o alcalde posicionouse en varias ocasións como a necesidade de garantir o futuro da Escola de Enfermería ou de que o Campus de Lugo gañe en independencia respecto ao de Santiago. Neste sentido, insistiu en que “o Campus de Lugo é unha peza clave no desenvolvemento da cidade desde o punto de vista social, económico, educativo e poboacional”. 

Miguel Fernández adiantou que proximamente reunirase coa última das candidatas para pechar esta rolda de contactos, que valorou moi positivamente. “É importante coñecer de primeira man as súas propostas, pero tamén trasladarlles desde o minuto un o apoio do Concello para que o Campus Terra manteña o seu nivel de excelencia”, sinalou o alcalde.

Multimedia

  • O alcalde reúnese coas candidatas a reitoras da USC, Rosa Crujeiras e María José López, para coñecer as súas liñas estratéxicas cara á consolidación do Campus Terra

Noticias relacionadas