Buide lembrou que "seguimos sen ter comunicación oficial da data na que a Xunta prevé instalar o espazo, agardamos que para a volta das vacacións poidamos prestar o servizo".
A concellería de Educación atende cada día a máis de 900 nenas e nenos no servizo de xantar e preto de 400 no almorzo.

A concelleira de Educación e Difisión do Coñecemento, Iria Buide, lembrou que a Concellería de Educación está lista para prestar este servizo na escola Fingoi 2 "en canto a Xunta habilite o espazo". A edil de Educación reclamou "celeridade" á hora de habilitar o espazo, "agardamos que a Xunta cumpla e para a volta das vacacións esté todo listo para que as familias poidan contar co comedor escolar". Malia todo, Buide lembrou que "o Concello non conta con ningunha comunicación por parte da Xunta sobre a data na que ten previsto instalar as casetas, unha solución provisional para prestar o servizo ata que a Xunta faga unha actuación de ampliación no centro". Actualmente, as casetas que se instalarán provisionalmente no centro están no CIFP As Mercedes, á espera de ser acondicionadas.
A edil de Educación deu conta do comezo de curso nos comedores escolares, "un servizo que, malia ser responsabilidade da Xunta de Galiza, prestamos desde o Concello", explicou. Nos primeiros meses de curso, a media diaria foi de 927 nenos e nenas no servizo de comedor, e 378 no servizo de madrugadoras e madrugadores, que este ano se comezou a prestar tamén no CEIP Nadela "chegando xa a todos os centros", dixo Buide.
Buide lembrou que os comedores escolares supoñen un custo anual de máis de medio millón de euros, e a reclamou unha vez máis "que a Xunta se faga cargo das súas competencias". A concelleira afirmou que "non deixaremos que ningunha nena ou neno de Lugo quede sen comedor escolar aínda que a Xunta non cumpre co seu traballo".
Audio
- A concelleira de Educación e Difisión do Coñecemento, Iria Buide, sobre o comedor de Fingoi II | Descargar mp3


