- Tema
Venres, 25 de febreiro de 2011
Fonte:
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, visitaron onte pola tarde aos alumnos e alumnas que están a participar nun curso de técnica vocal que se está a impartir na Casa da Música. Nesta visita tamén aproveitaron para ver e coñecer a dous grupos da cidade que se atopaban ensaiando.
En total, máis de 40 persoas están a participar nos distintos cursos programados dende a Concellería de Xuventude como son o de técnica vocal, ampliado a dous cursos ante a demanda, o de guitarra, guitarra eléctrica e percusión.
Estes cursos ofrecen unha formación musical dirixida a persoas de entre 12 a 35 anos e se desenvolven na Casa da Música dende o pasado día 14 de febreiro ata o 30 de maio.