Miguel Fernández mantivo unha reunión cunha vintena de integrantes da plataforma Lugo non quere cheiros, aos que comprometeu o seu apoio en futuras mobilizacións.
“A pesar de que xa quedou constatado que este proxecto e totalmente inviable, imos a continuar vixiantes ante calquera furtura manobra que poida poñer en risco o noso patrimonio natural”, explicou o rexedor.
Esta colaboración responde ao acordo plenario ratificado por todos os grupos en xullo pasado, sumándonos ao rexeitamento social que espertou este proxecto.

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, sinalou hoxe que a Asesoría Xurídica do Concello de Lugo está a disposición dos afectados pola posible implantación da planta de biometano proxectada en Coeses para resolver calquera dúbida legal que poida xurdir neste proceso de mobilización cidadá. Segundo explicou o rexedor, o obxectivo e brindar apoio institucional á Plataforma Lugo non quere Cheiros, para en caso de necesidade, poder asesorar á veciñanza a través do seu equipo xurídico de cara a manter a loita contra a construción desta planta de biogas e salvagardar a súa contorna residencial.
“A pesar de que xa quedou constatado que este proxecto e totalmente inviable a pesar do interese inicial amosado polo Goberno autonómico coa súa declaración de proxecto prioritario, imos a continuar vixiantes ante calquera futura manobra que poida poñer en risco o noso patrimonio natural”, explicou o alcalde Miguel Fernández tras o encontro mantido cos integrantes da plataforma veciñal Lugo non quere cheiros na que tamén participaron os edis de Cohesión Territorial e de Urbanismo, Ana González Abelleira e Jorge Bustos, respectivamente.
O rexedor municipal sinalou que “os veciños e veciñas desta plataforma trasladáronme a súa preocupación unha vez que a empresa Bioenergía Lugo recurrió, o pasado mes de marzo, a denegación desa autorización ambiental por parte da Xunta de Galicia”. Tampouco entenden, comentou Fernández, que o Grupo Municipal do Partido Popular votase en contra dunha proposición para que a Corporación Municipal inste á Xunta a que retire a declaración de iniciativa empresarial prioritaria ao proxecto da planta de biometanización en Coeses”.
Por estes motivos, o alcalde ofreceu colaboración e disposición por parte da Asesoría Xurídica do Concello de Lugo co gabinete xurídico que podería contratar o colectivo veciñal, que recentemente confirmou que levará á Fiscalía o proxecto da planta. O alcalde se comprometeu a que o citado departamento municipal estará en contacto co despacho de avogados da plataforma para resolver dúbidas e facilitar información en cuestións relativas ao proxecto de instalación desta planta de biometano. Esta colaboración institucional responde ao acordo plenario ratificado por todos os grupos en xullo pasado, co que o Concello de Lugo deixou patente o rexeitamento social que espertou este proxecto.
Miguel Fernández explicou que desta forma, “desde o Concello de Lugo, o que estamos a facer é manter a nosa postura inicial, respaldada por todos os grupos políticos, e que foi ratificada por acordo plenario, no que instabamos á Xunta á paralización da planta “ben por rexeitamento social, ben elevando as esixencias medioambientais a este tipo de industrias e atendendo ao principio comunitario de cautela ou precaución para evitar que se produza, ante unha ameaza real, a deterioración do medio”.
O alcalde lembrou que as distintas administracións que deben emitir informes sobre a viabilidade deste proxecto están a darnos a razón: “primeiro foi o informe preceptivo e vinculante da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, que declaraba inadmisible o verquido e non autorizou a construción da planta; e despois a propia Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade da Xunta de Galicia denegou, o pasado mes de febreiro, a autorización ambiental ao proxecto. Pese a iso, debemos seguir loitando contra un proxecto cun grave impacto ambiental, prexudicial para a atmosfera, para as persoas e para as vivendas non só de parroquias rurais próximas á localización da planta como Coeses, Cuíña, Piugos, Soñar ou Santa Comba, entre outras, senón a gran parte do municipio de Lugo e á propia cidade”.
Por último, Miguel Fernández sinalou que “en función de como vaian sucedéndose os acontecementos e se fose necesario, e tendo en conta ese acordo plenario de todas as forzas políticas, o Concello de Lugo valorará a posibilidade de persoarse como parte afectada deste proxecto”.


