O Alcalde de Lugo reúnese coas asociacións do Concello para escoitar as súas suxestións sobre a acción do Goberno

Xoves, 25 de xuño de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou esta tarde xunto con varios membros do seu equipo de Goberno na nave das Asociacións do Concello de Lugo para celebrar un encontro cos membros das mesmas. Este encontro forma parte das reunións que a partir de agora o Alcalde e os membros do Goberno municipal celebrarán con todos os colectivos, asociacións, veciños e veciñas do Concello para presentar as iniciativas nas que traballa o Executivo e escoitar as suxestións dos cidadáns.

Na reunión desta tarde o Alcalde estivo acompañado pola Comisión de Patrimonio Histórico-Cultural da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) que esta mañá celebrou unha xuntanza na Casa do Concello de Lugo.

Así mesmo, participaron no encontro a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela e a Delegada de Urbanismo, María Novo.

As asociacións presentes, preto de 60 persoas, foron: Cantigas e Frores, Amigos de Frigsa, Auxilia, Asociación Rei Xordo, FADEMGA, AFALU, Federación de Vecinos, Unave, Alcer, Aula de Teatro Concello, Coches antigos e clásicos, Comité Antisida, ou AGAFI e Asociación Albeiros-Gándaras, entre outras.

Multimedia

Noticias relacionadas