O acordo anunciado hoxe supón a recepción ao longo de 2026 tras realizarse os traballos pendentes de obra civil e eléctrica que asumen os propieatarios de xeito proporcional.
Cando as e os comuneros sufraguen o custo das obras pendentesnas próximas semanas, xa se poderá conceder a licenza de primera ocupación, tendo en conta que a execución material das actuacións depende de terceiros.
A voceira municipal, González Abelleria, amosou a súa satisfacción polo consenso alcanzado, destacando que “dar seguridade xurídica a este solo significa desbloquear investimentos, permitir que as familias vivan con tranquilidade e avanzar nun crecemento urbano ordenado e responsable”.
- Tema
A portavoz municipal, Ana González Abelleira, anunciou esta mañá que o alcalde de Lugo, Miguel Fernández, alcanzou nos pasados días un acordo cos propietarios dos polígonos I e II da Louzaneta para establecer o camiño a seguir que permita legalizar definitivamente a urbanización e poñer fin a máis de dez anos de incerteza xurídica que, segundo sinalou, “freou o progreso e o desenvolvemento dun ámbito residencial clave para a expansión da cidade”.
A voceira explicou que este consenso é froito dun traballo técnico e político continuado, desenvolvido ao longo dos últimos meses, no que o alcalde, acompañado por persoal técnico municipal, mantivo numerosos encontros cos distintos grupos de propietarios co obxectivo de desbloquear unha situación enquistada no tempo. Grazas a este proceso de diálogo, o Concello e as e os comuneros acordaron os trámites necesarios para avanzar cara á recepción municipal dos polígonos, un paso esencial para garantir seguridade xurídica ás vivendas e permitir a súa plena normalización administrativa.
No caso do polígono I, os propietarios comprometéronse a executar pequenos traballos de remate na urbanización antes de solicitar formalmente a recepción por parte do Concello. Pola súa banda, cos propietarios do polígono II acordouse que atendan tanto as obrigas xa executadas como aquelas pendentes, especialmente no relativo á obra civil e eléctrica, entre as que destaca o soterramento dun tramo da rede eléctrica. Ademais, existe un terceiro polígono aínda por desenvolver, cuxo propietario tamén manifestou a súa disposición a adherirse a este mesmo modelo de acordo, co obxectivo de avanzar de forma coordinada en todo o ámbito.
Miguel Fernández amosou a súa satisfacción polo acordo alcanzado, destacando que “dar seguridade xurídica a este solo significa desbloquear investimentos, permitir que as familias vivan con tranquilidade e avanzar nun crecemento urbano ordenado e responsable”. O alcalde, a través de Abelleira, agradeceu expresamente “o traballo rigoroso dos técnicos municipais e, especialmente, a vontade de colaboración dos propietarios, que entenderon que só desde o diálogo e a corresponsabilidade se poden resolver problemas complexos como este”.
A folla de ruta acordada establece que as e os propietarios deberán abonar nas vindeiras semanas a parte correspondente das obras eléctricas ás empresas distribuidoras Fenosa e Begasa. De forma paralela, o Concello licitará o proxecto de obra civil, coa previsión de que a súa execución se leve a cabo durante o primeiro semestre de 2026, permitindo así que a recepción definitiva dos polígonos poida realizarse no terceiro trimestre do próximo ano.
Non obstante, o Concello subliña que, desde o momento en que os propietarios sufraguen o custo das obras pendentes, xa se poderá conceder a primeira licenza de ocupación, tendo en conta que a execución material dalgunhas actuacións depende de terceiros, como a propia administración local ou as compañías eléctricas, e non directamente dos comuneros.
Abelleira pechou a súa intervención destacando que “acordos coma este demostran que Lugo avanza cando se aposta polo diálogo, pola responsabilidade compartida e por buscar solucións reais aos problemas da xente”, insistindo en que o Goberno local seguirá traballando para desbloquear ámbitos urbanos pendentes e garantir un desenvolvemento equilibrado e con seguridade xurídica para toda a cidade.

