A Mesa pola Dinamización da Residencia esíxelle á Xunta, ao Sergas e á Subdelegación que cumpran cos compromisos adquiridos con esta comisión

Así mesmo, solicita que se informe dos proxectos previstos e dos prazos que teñen para o mantemento, rehabilitación e usos do Vello Xeral

Martes, 06 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Mesa pola Dinamización da Residencia esíxelle á Xunta, ao Sergas e á Subdelegación que cumpran cos compromisos adquiridos con esta comisión

A Mesa pola Dinamización do barrio da Residencia, integrada pola totalidade dos grupos políticos da Corporación e por representantes veciñais, mantivo esta tarde unha xuntanza no Salón de Comisión do Concello. Ante a falta da Xunta de Galicia e do Sergas, que en data 6 de abril de 2016 se comprometera a presentar, no prazo de dous meses, un proxecto para a rehabilitación e reutilización dos edificios do antigo Hospital Xeral, así como do compromiso do Subdelegado do Goberno de informar á comisión, tanto da viabilidade dos edificios como de recabar a posición do Ministerio do Interior sobre o interese de instalar alí unha nova comisaría; a comisión, superado ampliamente o prazo comprometido e reiterada a solicitude por parte da Mesa, e sen ter a día de hoxe resposta, esíxelle á Xunta de Galicia, ao Sergas e á Subdelegación do Goberno que cumpran cos compromisos adquiridos con esta comisión. Así mesmo, solicita que se informe dos proxectos e prazos previstos que teñan para o mantemento, rehabilitación e usos do antigo Xeral.

Noticias relacionadas