Maite Ferreiro recibe a un grupo de xubilados que fixeron unha visita ao Vello Cárcere

Ferreiro: "As instalacións municipais están abertas a todos os colectivos que o desexen".

A edil de Turismo lembrou que os colectivos poden solicitar visitas guiadas gratuítas ás diferentes salas museísticas municipais.

Venres, 21 de novembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
  Ferreiro: "As instalacións municipais están abertas a todos os colectivos que o desexen"  A edil de Turismo lembrou que os colectivos poden solicitar visitas guiadas gratuítas ás diferentes salas museísticas municipais

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, recibiu no Vello Cárcere ao colectivo de xubilados da CIG, que realizaron unha visita guiada polas instalacións deste espazo cultural.

Durante o encontro, Ferreiro salientou a importancia de fomentar o acceso da veciñanza ás instalacións municipais, e afirmou que as salas museísticas municipais “están abertas a todos os colectivos que o desexen", e engadiu "solicitando unha visita guiada poderán coñecer a gran calidade das exposicións dos distintos espazos municipais".

A concelleira sinalou tamén que a Tenencia de Alcaldía pon á disposición de asociacións, centros educativos e colectivos sociais a posibilidade de solicitar visitas guiadas gratuítas ás diferentes salas e exposicións dos museos municipais, como o MIHL, o propio Vello Cárcere ou a Casa dos Mosaicos. “Trátase dunha oportunidade para coñecer máis de preto a historia, a arte e a memoria da nosa cidade”, afirmou Maite Ferreiro.

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre o colectivo de xubilados da CIG | Descargar mp3

Noticias relacionadas