Lugo10 e Coca Cola presentan unha reprodución da zona da Mosquera da Muralla feita con latas de bebida

Martes, 24 de agosto de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, recibiron hoxe unha réplica da Mosqueira da Muralla Romana feita con latas de refrescos. No acto de entrega estiveron presentes o autor da obra, xunto co departamento de merchandising de Coca Cola, Santiago Tudoli, o delegado comercial de Begano Galicia, Raúl Centelles e a responsable de relacións externas María Sande. O Alcalde agradeceu esta nova homenaxe á Muralla lucense, e animou a Coca Cola a dar a coñecer esta obra por todo o mundo.

A maqueta está colocada nun taboleiro cuberto con céspede artificial e ten unha primeira fila de 24 latas lineais cunha profundidade de 4 latas, unidas entre sí con masilla de poliuretano. Esta operación repetiuse ata 5 pisos, chegando ata a parte máis complicada, os arcos do adarve. Os arcos están feitos cunhas plantillas de cartón a modo de encofrado, cortando os extremos das latas en diagonal segundo a forma do arco e colocada cada capa despois do secado.

A réplica, que quere ser unha homenaxe aos dez anos da declaración da Muralla Romana como Patrimonio Mundial, ten unhas dimensións aproximadas de 2 x 1,75 x 1,30 metros e un peso de 30 kilos. Foron utilizadas unhas 1000 latas e o tempo estimado da realización foi dunhas 30 horas.

A maqueta será exposta na Casa do Deporte, situada no Parque da Milagrosa (zona de Frigsa).

Coca Cola e Lugo10

A empresa Coca Cola, a través de Begano S.A. xa elaborou unha botella conmemorativa do Décimo Aniversario da declaración da Muralla de Lugo como patrimonio da Humanidade cun deseño adaptado da muralla romana e a marca do programa, Lugo10. O popular refresco envasouse para a ocasión cunha etiqueta que cubre toda a botella coa fotografía da Mosqueira e co lema “Botella conmemorativa do Décimo aniversario Muralla Patrimonio Mundial”, así como co logotipo de Lugo10.

Puxéronse no mercado para regalar 3.000 unidades entre os hostaleiros e centros comerciais de toda Galicia. Lugo10 distribuíu algunhas destas botellas entre os visitantes do Centro de Interpretación da Muralla, así como entre os participantes dos diversos concursos realizados a través das redes sociais.

Debido o grande éxito acadado con esta iniciativa, Coca Cola está plantexándose facer unha segunda edición destas botellas de cara o San Froilán.

www.lugo10.es

 

Multimedia

Noticias relacionadas