López Orozco recibe aos campións galegos de atletismo por equipos e que pertencen aos colexios dos Franciscanos e Maristas

Xoves, 08 de marzo de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, recibiron a visita dos equipos de atletismo do colexio do Maristas e dos Franciscanos que acadaron os primeiros postos no Campionato Galego de Atletismo.

Deste maneira, os atletas do colexio dos Franciscanos conseguiron o primeiro posto na categoría de cadete masculino e o primeiro en infantil feminino. Ademais de situarse terceiros no Campionato de España.

Pola súa parte, o colexio dos Maristas, quedaron primeiros no Campionato Galego na categoría alevín masculino.

López Orozco destacou que “é moi importante facer deporte e seguir esforzándose para acadar os mellores postos xa que, desta forma, seredes o exemplo para moitos outros nenos e nenas”. Tamén quixo agradecer o apoio dos pais e dos entrenadores que “conseguen que estes atletas leven o nome de Lugo por moitas cidades”.

Multimedia

Noticias relacionadas