Loitar contra as neoadiccións na mocidade, o obxectivo da mesa redonda que acolleu esta tarde o Vello Cárcere

Este debate enmárcase dentro das mesas redondas sobre xuventude que organizou nos últimos meses o Concello. A seguinte celebrarase o 27 de marzo e versará sobre Xuventude, amor e sexualidade: as nosas relacións

Xoves, 21 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Loitar contra as neoadiccións na mocidade, o obxectivo da mesa redonda que acolleu esta tarde o Vello Cárcere

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, inaugurou este xoves a mesa redonda que organizou o Concello sobre Xuventude e adiccións sen sustancia: as neoadiccións e apostas online, que acolleu o patio do Vello Cárcere. Este debate enmárcase dentro das mesas redondas sobre mocidade que vén organizando nos últimos meses o Goberno de Lugo.

No debate, que puxo, enriba da mesa un tema tan preocupante como as adiccións sen sustancia e no que se perfilaron diversas claves para a súa loita, participaron Manuel Isorna, Doutor en Psicoloxía e especialista en prevención de condutas aditivas; Gerardo Rodríguez, representante da Asociación Galega de Ludópatas Rehabilitados e María José Lamas, psicóloga sanitaria e directora da Asociación de Axuda a Familias de Drogodependentes (ADAFAD). O xornalista Juan Carlos Rodríguez foi o encargado de moderar esta iniciativa, que contou con testemuños en primeira persoa.

A seguinte mesa programada celebrarase o 27 de marzo e versará sobre Xuventude, amor e sexualidade: as nosas relacións. Tamén será no patio do Vello Cárcere, a partir das 19:00 horas.

Noticias relacionadas