Lara Méndez súmase a poñer en valor a cultura do viño e a gastronomía, na actividade do Concello, incluída no programa Lucus In Vino Veritas

O Concello de Lugo, aposta por colaborar con actividades deste tipo que axudan a dinamizar sectores como o comercio, o turismo, o lecer ou a cultura.

“Este tipo de iniciativas, amplían a oferta de opcións turísticas para visitantes que buscan vivencias de calidade, seguras, diferentes e en contornas naturais” destacou Méndez.

A Catedral de Lugo, acollerá no día de mañá a productores, catadores, hostaleiros, enólogos, críticos, sommeliers, amateurs e preto de 30 adegas de toda Galicia.

 
Venres, 04 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez súmase a poñer en valor a cultura do viño e a gastronomía, na actividade do Concello, incluída no programa Lucus In Vino Veritas

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asistiu esta mañá a actividade na que colabora o Concello incluída no programa Lucus In Vino Veritas 2021, “Aperitivo Maridaxe” que en menos de 24h agotou o aforo. A rexedora incidiu na necesidade de promover actividades coma esta da que destacou "a súa capacidade para dinamizar outros sectores como o comercio, o turismo, o lecer ou a cultura".

O acto tivo lugar no Cei-Nodus ás 12.30h, e tamén asistiron a concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego,  Ana G. Abelleira e o edil de Xuventude e Deportes, Mauricio Repetto. 5 Chefs da Asociación Cociñeiros Lugo, crearon 5 tapas especiais, cun coidado servizo realizado polos alumnos do CPR Fundación  Belarmino Fernández Iglesias e maridado pola recoñecida catadora profesional Susana Barros.

A rexedora agradeceu á organización do evento ‘Lucus In Vino Veritas 2021’ o traballo levado a cabo para implicar a productores, catadores, hostalería, enólogos, críticos, sommeliers, amateurs e como non a preto de 30 adegas de toda Galicia, a estar maña nun acto que pon  novamente a Lugo no mapa. “A cultura do viño está a vivir un momento de gran interese, converténdose ademais nunha actividade na que a práctica turística, enriquece e fortalece o aproveitamento de recursos do territorio, patrimonio cultural e medio ambiental. Os turistas, cada vez máis experimentados, presentan novas esixencias e motivacións e ante esta situación, dende o Concello seguiremos a impulsar este tipo de iniciativas, que amplían a oferta de opcións turísticas para visitantes que buscan vivencias de calidade, seguras, diferentes e en contornas naturais” destacou Méndez.

“Aperitivo Maridaxe” : Chefs da Asociación Cociñeiros Lugo e Tapas Especiais:

  • Michel  Cociña: Choco  marinado con romeu, tomate confeitado e praliné de cacahuete.
  • Alejandro Mendes (Os Cachivaches): Raia a 68° coa súa pel, e un mollo ligado de  codium e leituga de mar.
  • Mar Orosa (Restaurante o Oviedo, Ribadeo):  Mojama de  albaroca e  romescu.
  • David Moledo, (Restaurante a  Mirandilla de Rinlo): Taco de rabo de vaca en envolto nunha lámina de touciño.
  • Pablo Vila  Cano, (Director alimentos e bebidas, Cadea OCA hoteis): Biscoito de choco branco, cereixas e  cebreiro. Pera ao  godello e xeado de Iogur.

Multimedia

  • Lara Méndez súmase a poñer en valor a cultura do viño e a gastronomía, na actividade do Concello, incluída no programa Lucus In Vino Veritas

Noticias relacionadas