Lara Méndez enxalza o labor dos profesionais de medicina intensiva “determinante durante a pandemia”

A alcaldesa lembrou que a Cidade de Lugo galardoou coas súas Medallas de Ouro aos sanitarios que coidaron á veciñanza durante os peores momentos da Covid-19.

Venres, 03 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez enxalza o labor dos profesionais de medicina intensiva “determinante durante a pandemia”

A Sociedade Galega de Medicina Intensiva e Unidades Coronarias, SOGAMIUC, celebra hoxe a XXXVI Reunión Anual no HULA. A xuntanza, á que asisten especialistas de diferentes campos, foi inaugurada esta mañá pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada de Ana María Ferreiro, Xefa do Servizo de Medicina Intensiva do HULA; Ramón Ares, Xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; e José Tomé, Presidente da Deputación.

Lara Méndez enxalzou a labor dos profesionais de medicina intensiva e puxo en valor o seu esforzo durante a pandemia “unha crise sanitaria sen precedentes na época moderna, á que se enfrontaron con valentía e determinación”. Neste senso, lembrou que “a Cidade de lugo galardoou coas súas Medallas de Ouro aos sanitarios que coidaron á veciñanza durante os peores momentos da pandemia”.

A rexedora afirmou, así mesmo, que este curso servirá para estreitar lazos de unión entre “os profesionais que desempeñades cada día o voso traballo en diferentes unidades e hospitais e compartades criterios no manexo dos pacientes para ofrecer unha medicina de excelencia” ao mesmo tempo, puxo en valor a labor que “os profesionais sanitarios exercedes desde o coidado, desde a educación para promoción da saúde e prevención da enfermidade, a formación, a docencia, a investigación e a innovación, un reto diario, con especial intensidade durante os difíciles momentos da pandemia pola COVID-19” finalizaba.

Na xornada, que deu comezo ás 09.00h e está previsto finalice ás 18.00h, os profesionais intercambiarán opinións sobre 3 desafíos: Covid na UCI: reto superado?; Protagonista: ventrículo dereito. Avaliación e manexo  do     fallo de ventrículo dereito. e Medicina individualizada: medicina do século XXI.

Noticias relacionadas