Adopción de medidas de seguridade e orde de execución de obras na parte posterior do inmoble número 10 da rúa Montevideo (carril das Estantigas)

Esta mañá, Lara Méndez, alcaldesa de Lugo acompañada polo concelleiro de Urbanismo sostible, Miguel Couto visitaron o inmoble número 10 da rúa Montevideo sobre a que cae unha orde de execución de obras na parte posterior do mesmo en colaboración co propietario da mesma.
O concelleiro de urbanismo, Miguel Couto, declara que” tendo en conta os informes presentados pola Policía Local sumados ós aportados polos servizos técnicos municipais e conforme ó disposto na lexislación vixente, para ditar a correspondente orde de execución de obras necesarias para conservar por parte dos seus propietarios as edificacións nas condicións que garanticen a seguridade, salubridade, accesibilidade universal, e con indicación do prazo de realización das obras por Decreto de Alcaldía de data do 23 de agosto de 2019, resolvimos ordenar á propiedade que procedan de xeito inmediato e de conformidade co disposto na lexislación vixente, a execución das medidas de seguridade que figuran descritas no informe do Servizo de Arquitectura municipal do 8 de xullo de 2019”.
As medidas ás que fai alusión o edil son de seguridade necesarias para evitar danos na vía pública e edificacións lindeiras, así como dos ocupantes do inmoble, en ningún caso estas medidas permitirán a execución de obras que requiran a preceptiva licenza, pero si poderá proceder á retirada de elementos susceptibles de desprendemento así como proceder a apontoar a construcción.
Dende o Concello de Lugo informan que se ordenou executar as obras que figuran descritas no informe do Servizo de Arquitectura municipal do 8 de xullo de 2019, anteriormente transcrito e que se dan por reproducido a efectos de motivación desta resolución e unha vez recibido pola propiedade a notificación da antedita resolución, ésta personase nas oficinas municipais e manifesta que vai levar a cabo as actuacións con data do 13 de setembro de 2019 ás 9 horas, requerindo que se persone á Policía Local e a Nacional, pola posible presencia de ocupas no interior do local en relación co cal vai a adoptar as medidas.
Hoxe, venres 13, tal e como estaba acordado personouse Lara Méndez no inmoble, Miguel Couto, concelleiro de urbanismo o propietario, además da Policia Local e se levaron a cabo as actuacións requeridas.