A fase de clasificación do Campionato Galego Xuvenil Masculino de Voleibol celebrarase o 6 de febreiro na cidade de Lugo

Venres, 04 de abril de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O próximo domingo día 6 de abril de 2014 celebrarase na cidade de Lugo a fase de clasificación do Campionato Galego Xuvenil Masculino de Voleibol, co que colabora a Concellería de Deportes. Nesta fase xogará o equipo masculino do Clube Emevé.

A maiores, este campionato galego contará coa presenza de Mario Dovale e de Víctor Conde, ambos participantes da Selección Permanente Masculina pero que volven ao seu clube de orixe para os campionatos.

A competición desenvolverase na Casa do Deporte de Lugo. Pola mañá ás 11:00 horas disputaranse o Club Vigo Voleibol - Voleibol Dumbría e o Emeve Élide - Jealsa Boiro Voleibol. Pola tarde ás 16:30 horas na Cancha Central disputaranse o terceiro e cuarto posto masculino e ás 18:00 horas a Final Masculina.

Noticias relacionadas