A Escola Municipal de Música ofrece este xoves o seu festival fin de curso no Gustavo Freire

Será a partir das 20:00 horas e actuarán os grupos de música tradicional, metais graves, clarinetes, saxofóns e pandeiretas, así como o coro moderno, o grupo círculo de tambores e a Banda de Música da Escola

A entrada é libre ata completar a cabida

Luns, 10 de xuño de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Escola Municipal de Música ofrece este xoves, 13 de xuño, no Auditorio Municipal Gustavo Freire o seu festival fin de curso. Será a partir das 20:00 horas e actuarán os grupos de música tradicional, metais graves, clarinetes, saxofóns e pandeiretas, así como o coro moderno, o grupo círculo de tambores e a Banda de Música da Escola. A entrada é libre ata completar a cabida.

Noticias relacionadas