- Tema
Venres, 23 de abril de 2010
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, fixo entrega hoxe dos diplomas aos participantes no curso de Primeiros Auxilios organizado pola súa Concellería.
Nesta actividade formativa, impartida por Cruz Vermella o 20 e 21 de marzo, participaron un total de 30 persoas.
Este curso forma parte do conxunto de actividades lúdicas e formativas organizadas pola Concellería de Xuventude, que dirixe Rosana Rielo, e que son baremables para os procesos selectivos.
O obxectivo do Concello é ofrecer formación á mocidade de Lugo para tratar de incrementar a inserción laboral dos mozos e mozas, neste caso na rama sanitaria.
A Concelleira animou aos mozos e mozas a seguir formándose e a participar en máis cursos organizados polo Concello.