Deportes saca a licitación as actividades e os servizos complementarios das instalacións deportivas municipais por 1.207.671 euros

Mércores, 10 de xullo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Xunta de Goberno local do Concello de Lugo aprobou a proposta presentada polo edil da Área de Deportes, Miguel Fernández, para a nova contratación do servizo de ensinanza deportiva e de servizos complementarios nas instalacións deportivas municipais. O custo do contrato anual, con posibilidade de prórroga catro anos máis, ascende a 1.207.671 euros.

Por servizos complementarios enténdese o mantemento das instalacións, a limpeza e os servizos de socorrismo e a conserxería.

No novo prego actualízanse e adáptanse as condicións ás novas necesidades dos usuarios co fin de darlles un servizo máis eficaz.

Así, valoraranse especialmente aquelas propostas que oferten maior número de horas para realizar actividades deportivas, unha mellor a atención ao público e un mellor seguimento das queixas e suxestións, así como os medios dispoñibles para dar unha resposta áxil ante posibles incidencias.

Noticias relacionadas