Deporte na cidade tamén no Nadal, co II Torneo de fútbol sala de basa Lugo Sala

Miguel Fernández, Manuel Otero e Marcos Pereira presentaron esta cita, que por segundo ano acollerán catro instalacións deportivas muncipais: o pavillón Daniel Cordido, a Casa do Deporte, o Palomar e o pavillón municipal dos deportes

O torneo consta dunha fase a nivel autonómico, os días 29 e 30 de decembro, e outra a nivel nacional, o 2, 3 e 4 de xaneiro

Mércores, 19 de decembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Deporte na cidade tamén no Nadal, co II Torneo de fútbol sala de basa Lugo Sala

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, acompañadado do xefe territorial de deportes, Manuel Otero "Cadramón” e o presidente do club ADC Lugo Sala. Marcos Pereira, presentaron este márcores, na Sala de Usos Múltiples de Novas Tecnolíxas, a segunda edición do Torneo de Nadal de fútbol sala de base Lugo Sala. O  Concello colabora co clube por segundo ano nesta iniciativa, que a pasada edición gozou de gran éxito, poñendo a disposición da organización distintas instalacións deportivas necesarias para a celebración do evento. Así, este II Torneo de Nadal, que agarda reunir a uns 100 equipos, celebrarase no pavillón municipal Daniel Cordido Castro, na Casa do Deporte, no pavillón do Palomar e no Pazo Municipal dos Deportes. Tamén haberá algún encontro no pavillón de Outeiro de Rei.

No acto, Miguel Fernández agradeceu o "traballo expectacular e ambicioso" que está a levar a cabo o club Lugo Sala, no deporte base da cidade, que é capaz de poñer a Lugo a nivel nacional en datas tan sinaladas a través deste torneo. Así mesmo, reiterou o compromiso de colaboración co deporte do Goberno e convidou á veciñanza a gozar con esta competición

Para rematar, Manuel “Cadramón” quixo poñer de manifesto  que o club Lugo Sala xa é referente na competición a pesar de ser un club con poucos anos de vida.

A Deputación colabora con este evento dunha modalidade deportiva de gran tradición na provincia, como é o fútbol sala, amosando a colaboración da Deputación cos diferentes clubs deportivos de Lugo, sobre todo, os de base.

Fase autonómica e fase nacional

Tal  e como explicou Marcos Pereira, este torneo consta de dúas fases, unha autonómica e outra nacional. A primeira delas, que terá un ámbito xeográfico local e autonómico, terá lugar os días 29 e 30 de decembro. Participarán 60 equipos, dividios en tres grupos de catro equipos cada un. O sábado 29 xogarase a fase de grupos, e as semifinais disputaranse o domingo 30. Os equipos finalistas de cada cateogría accederán directamente á fase nacional, que se disputará os días 2, 3 e 4 de xaneiro, excepto a categoría prebenxamín que non se disputará na fase nacional. Ademais, nesta fase participarán 40 equipos, sumádose aos 8 equipos clasificiados da fase autonómico, 32 equipos que accederán ao torneo convidados pola organización.

Xa na fase nacional, cada equipo disputará un partido o mércores 2 de xaneiro e o resto o xoves, 3 de xaneiro. No caso das categorías benxamín, alevín e infantil, o campión de grupo accederá directamente á ronda de semifinais, mentres que o segundo e terceiro clasificado de cada grupo terá que xogar a fonda de cuartos de final para acceder a dita semifinal. No caso da categoría cadete e xuvenil, os dous primeiros equipos de cada grupo pasarán directamente ás semifinais do venres, 4 de xaneiro.

En resumo as categorías que participarán neste torneo, que colabora coa Asociación Española Contra o Cancro, serán as seguintes: na fase autonómica, prebenxamín -novidade nesta ocasión, benxamín, alevín, infantil e cadete; e na fase nacional; benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil.

Multimedia

  • Deporte na cidade tamén no Nadal, co II Torneo de fútbol sala de basa Lugo Sala

Noticias relacionadas