A cuarta proba do Circuíto Corre con Nós reunirá a máis de 600 persoas este domingo no entorno da Estrada de Ombreiro

Celebrarase sobre un circuíto de asfalto, con saída e chegada desde o aparcadoiro inferior do estadio Anxo Carro, entre as 11:30 e as 13:30 horas.

Jorge Bustos, quen destacou que “a día de hoxe xa se anotaron 1.683 persoas no circuíto de carreiras, que encara o seu ecuador, pois trala proba do domingo só restarán dúas citas máis os días 25 de maio e 9 de xuño”.

Venres, 19 de abril de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A cuarta proba do Circuíto Corre con Nós reunirá a máis de 600 persoas este domingo no entorno da Estrada de Ombreiro

A cuarta proba do XXII Circuito Larsa Corre con Nós 2024 reunirá este domingo a máis de 600 atletas de todas as idades nun circuíto de asfalto, con saída e chegada desde o aparcadoiro inferior do estadio Anxo Carro, discurrindo as probas polo entorno da Estrada de Ombreiro. Así o informou este venres o edil de Deportes, Jorge Bustos, quen destacou que “a día de hoxe xa se anotaron 1.683 persoas no circuíto de carreiras, que encara o seu ecuador, pois trala proba do domingo só restarán dúas citas máis os días 25 de maio e 9 de xuño”.

Neste senso, Bustos convidou a toda a veciñanza lucense a continuar inscribíndose e participar nas derradeiras probas deste circuíto, promovido polo Concello de Lugo. Nas diferentes citas, todos as persoas chegadas á liña de meta dispoñen de avituallamiento que corre, un ano máis, a cargo de Coca Cola e do patrocinador principal do circuíto, Larsa, “que con esta tempada xa nos acompaña por 16º ano consecutivo”.

A proba deste domingo discurrirá polas seguintes ruas que permanecerán cortadas durante a mañá do domingo entre as 11:30 e as 13:30 horas, aproximadamente: Avenida dos Deportes; acceso ao entorno da Fábrica da Luz; estrada de Ombreiro; acceso desde a N-VI á estrada de Ombreiro; acceso desde a estación elevadora de augas á estrada de Ombreiro; acceso á área recreativa Os Robles; acceso pola Avenida dos Deportes ao Pazo de Feiras; aparcadoiro inferior estadio Anxo Carro.

Categorías e horarios

Noticias relacionadas