A Corporación Municipal cumpre coa tradicional ofrenda aos defuntos lugueses

Rosana Rielo foi a encargada de dar a benvida aos asistentes a este acto, que tivo lugar na entrada principal do cemiterio municipal de San Froilán

Mércores, 02 de novembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Corporación Municipal cumpre coa tradicional ofrenda aos defuntos lugueses

Membros da Corporación Municipal cumpriron este mércores coa tradicional ofrenda floral aos defuntos lugueses. A Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, foi a encargada de dar a benvida aos asistentes a este acto, que tivo lugar na entrada principal do cemiterio municipal de San Froilán.

Este acto de homenaxe e lembranza aos defuntos, que contou cunha participación dunha trintena de persoas, incluíu unha actuación previa dun dúo de música clásica, que interpretou pezas ao violín e acordeón. Unha vez realizada a ofrenda, tivo lugar unha visita guiada polo camposanto da man da profesora de historia Ana Goy e unha solta de faroliños voadores.

O vindeiro martes, ás 19:00 horas, terá lugar o V Concerto da Lembranza, na Capela do Cemiterio.

Os actos que se realizan no cemiterio municipal de San Froilán, que acolle o Mellor Monumento Funerario de España 2015, non son masivos, admitíndose, segundo a actividade da que se trate, un aforo de 30 a 50 persoas en cada unha delas, precisamente motivado polo seu carácter íntimo e o máximo respecto.

Noticias relacionadas