Continúa aberto o prazo de inscrición para os concursos de Arde Lucus 2008

Luns, 02 de xuño de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O prazo para inscribirse nos concursos preparados pola Concellería de Xuventude que dirixe Carmen Basadre, para a edición de Arde Lucus 2008 remata o vindeiro venres 6 de xuño.

Como en anos anteriores haberá concursos con premios para decoración de fachadas dentro de muralla -dende o 16 de xuño-, personaxes romanos e celtas e campamentos -para grupos ou individuais, infantil e adultos-. O desfile será o día 20 de xuño na Praza Maior a partir das 20:00 horas.

Os premios irán dende os 300 euros ata os 1.000, e diferentes agasallos como un mp4 ou unha cámara dixital. As inscricións poden realizarse nas oficinas da Concellería de Xuventude no terceiro andar do Centro Social Uxío Novoneyra.

Noticias relacionadas