A concellería de Xuventude organizará, no mes de xullo, un campionato de street workout no Parque Rosalía de Castro

As actividades, abertas e gratuítas a toda a xuventude, terán lugar os mércores 5, 12 e 19 de xullo, en horario de 17.00h a 21.00h, en diferentes prazas da cidade.

O sábado 22 de xullo está previsto teña lugar no Parque Rosalía de Castro un campionato de street workout.

Mércores, 07 de xuño de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O goberno de Lara Méndez, a través do Servizo de Prevención de Drododependencias e outras adiccións, adscrito á concellería de Xuventude que dirixe Mauricio Repetto, e dentro do Programa +XTÍ 2023 subvencionado polo Ministerio de Sanidade (Plan Nacional sobre Drogas (PNsD)), convida á xuventude a participar no mes de xullo, en diferentes actividades deportivas e de estilos urbanos ao aire libre.

As actividades, serán abertas e gratuítas a toda a xuventude, terán lugar os mércores 5,12 e 19 de xullo, en horario de 17.00h a 21.00h, en diferentes prazas da cidade - Augas Férreas, Roxa de Fingoi, Agro do Rolo - nas que os participantes poderán gozar, experimentar e coñecer disciplinas menos comúns tales como, xaula freestyle, parkour park, dinamización de rap, canasta doble, break, streetworkot, slackline, etc.

O sábado 22 de xullo, está previsto que teña lugar, no Parque Rosalía de Castro, un campionato de street workout “disciplina de adestramento practicada na rúa que supón un auténtico estilo de vida para os seus practicantes e que vai máis aló do mero adestramento” explicaba a rexedora.

Ademais do beneficio que proporciona calquera actividade deportiva para a saúde física e mental, as actividades que se desenvolverán durante ese mes, enfocáronse cara á cooperación entre os practicantes, de modo que se compartan experiencias vivenciais, explorando as habilidades, perfeccionar a destreza, mellorando a autoestima persoal, fomentar as relacións interpersoais, facilitando coas devanditas actividades a aprendizaxe de valores como o respecto cara aos demais.

Estilos urbanos e deportes na Rúa:

Mércores 5 de xullo de 17:00 a 21:00 h. Praza de Augas Férreas
Obradoiro de Beatbox
Xaula Freestyle e Parkour Park
Dinamización de Slackline

Mércores 12 de xullo de 17:00 a 21:00 h. Praza Roxa de Fingoi
Obradoiro de Cap Paint
Xaula Freestyle e Canasta Doble
Dinamización de Rap

Mércores 19 de xullo de 17:00 a 21:00 h. Praza Agro do Rolo
Obradoiro de DJ
Xaula Freestyle e Canasta Doble
Dinamización de Breakdance

Sábado 22 de xullo Parque Rosalía de Castro
Campionato de Street Workout

10:00 a 13:00 - Open Practice
16:00 a 18:00 - Check-in Participantes
18:00 a 19:00 - Open Practice
19:00 a 21:00 - Campionato
21:00 a 22:00 - Entrega de premios

Documento

 

Noticias relacionadas