A Concellería de Xuventude oferta un amplo programa de actividades para a mocidade lucense ata finais de ano

Venres, 09 de outubro de 2009
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou un novo programa de Movida Alternativa Xuvenil (MAX) que terá lugar as fines de semana entre o 16 de outubro e o 19 de decembro. Este programa inclúe actividades diversas dirixidas á mocidade lucense e que se desenvolverán na Casa da Música.

Os venres:

- 21.30 a 23.00 horas.- Iniciación á guitarra.

- 23.00 a 00.30 horas.- Iniciación á maxia.

- 21.30 a 00.30 horas.- Cociña creativa.

Os sábados:

- 21.30 a 23.00 horas.- Street Dance.

- 21.30 a 00.30 horas.- Iniciación á fotografía.

- 21.30 a 00.30 horas.- Xogos de rol.

Ademais todos os días da semana haberá entre as 16.30 e as 00:30 horas actividades de xogos de inxenio, plataformas de baile, consolas, billar, ping-pong, etc. E as fines de semana entre a primeira fin de semana de novembro e o 19 de decembro convocaranse campionatos de plataformas de baile, de xogos musicais, de ping-pong e billar que terán como premio un MP4 e entrarán no sorteo dunha consola.

Para participar nos campionatos deberán realizar a inscrición na Casa da Música entre o 16 e o 31 de outubro os venres e sábados en horario de 21.30 a 00.30 horas.

Educación en valores
Por outra banda, a Concelleira anunciou a oferta de obradoiros Previlugo para o curso 2009/2010 que se desenvolverán nos distintos centros públicos e concertados da cidade e que teñen como destinatarios aos alumnos e alumnas da ESO e BAC. “Estos obradoiros son a cara formativa do ocio ofertado co MAX” explicou Rielo.

A Concelleira explicou que en edicións anteriores este programa formativo superou os 1.200 alumnos, chegando a 86 grupos de participantes.

O obxectivo principal deste programa é a educación en valores que o Concello pretende achegar aos estudantes da ESO e Bacharelato de Lugo. Esta formación distribúese en obradoiros centrados en diferentes temáticas, sendo os propios centros de ensino os que elixen aqueles que mellor se adaptan ás necesidades do seu alumnado.

- Educación afectivo-sexual.
- Resolución de conflitos I e II.
- Educación para a igualdade.
- Consumo responsable.
- Prevención da violencia.
- Promoción da saúde.
- Habilidades sociais I e II.
- Técnicas de estudo I e II.
- Culturas para convivir.
- Obradoiros para docentes

A realización deste programa abrangue unha serie de obxectivos máis específicos como ofrecer un amplo abano de posibilidades de intervención e formación especializada aos centros educativos de Secundaria para poder estruturar unha acción preventiva en canto a comportamentos e actitudes disfuncionais. Ademais, preténdese establecer un modelo socioeducativo baseado na intercomunicación entre a comunidade educativa e os axentes sociais, como base da participación e acción comunitaria. Así como formalizar unha base firme para a recollida de información sobre as necesidades, condutas e hábitos da poboación xuvenil do Concello de Lugo.

Multimedia

Noticias relacionadas