Alexandre Penas: “trátase dunha inversión que nos permitirá aforrar no mantemento da praza”
Mudarase o chan do último treito da praza de Campo Castelo, no camiño que leva á Porta

O edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou das actuacións que se están a realizar no último treito da praza de Campo Castelo. Penas explicou que “debido á natureza das baldosas colocadas até o de agora, prodúcense moitas fisuras na súa superficie ao circular por ela vehículos pesados para o abastecemento dos locais da zona”.
“O novo chan consistirá no mesmo tipo de baldosa que se colocou no resto da praza de Campo Castelo”, afirmou Alexandre Penas, que engadiu “este tipo de chan soporta unha carga maior, o que evitará estas roturas e mellorará tanto a estética como a mobilidade das veciñas e veciños na contorna”.
A Concellería de Infraestruturas realiza esta actuación que, segundo Alexandre Penas, “ademais de mellorar a contorna tamén permitirá reducir esforzos no mantemento que se tiña que realizar nesta zona por parte da Brigada Municipal de Obras para que poidan continuar a traballar nos distintos arranxos de toda a cidade”.
Audio
- O edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, sobre a praza de Campo Castelo | Descargar mp3