A Concelleira de Benestar Social e o Presidente da Deputación reciben a veciños de Lugo que viaxan co Km0

Xoves, 08 de xullo de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, acompañou ó Presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro, na recepción que ofreceu a institución provincial a un grupo veciños de Lugo que toman parte nunha excursión do Km0

O grupo está formado por medio cento de maiores veciños da parroquia de Bazar e participantes nos obradoiros impartidos nos Centros de convivencia Maruja Mallo e Uxío Novoneyra.

A recepción tivo lugar no Pazo da Deputación antes de comezar a viaxe a Bonxe e Ribadeo.

Multimedia

Noticias relacionadas