Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Concelleira de Benestar Social e o Presidente da Deputación reciben a veciños de Lugo que viaxan co Km0

A Concelleira de Benestar Social e o Presidente da Deputación reciben a veciños de Lugo que viaxan co Km0

  • Tema
    • Igualdade
Xoves, 08 de xullo de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, acompañou ó Presidente da Deputación Provincial, José Ramón Gómez Besteiro, na recepción que ofreceu a institución provincial a un grupo veciños de Lugo que toman parte nunha excursión do Km0

O grupo está formado por medio cento de maiores veciños da parroquia de Bazar e participantes nos obradoiros impartidos nos Centros de convivencia Maruja Mallo e Uxío Novoneyra.

A recepción tivo lugar no Pazo da Deputación antes de comezar a viaxe a Bonxe e Ribadeo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleira-de-benestar-social-e-o-presidente-da-deputacion-reciben-vecinos-de-lugo-que-viaxan