A Concelleira da área de Igualdade, Muller e Xuventude presenta o proxecto pedagóxico 14x48: Crea a túa asociación

Ana González informa que “é unha actividade gratuíta, que conta con 40 prazas, dirixidas a mozos e mozas de 16 a 30 anos”

Para participar nesta iniciativa de fomento do tecido asociativo xuvenil é preciso inscribirse no 010

Martes, 03 de setembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Concelleira da área de Igualdade, Muller e Xuventude presenta o proxecto pedagóxico 14x48: Crea a túa asociación

Este martes Ana Gonzalez presentou o proxecto pedagóxico para fomentar o asociacionismo entre a mocidade de Lugo, baixo o nome de 14x48: Crea a túa asociación, a edil informou que é “unha actividade gratuíta, que conta con 40 prazas, dirixidas a mozos e mozas de 16 a 30 anos que busca promocionar a nosa mocidade lucense”.

O proxecto14x48: Crea a túa asociación, terá lugar os días 12, 13, 14, 19, 20 e 21 de setembro na Casa da Xuventude, xoves e venres de 17:00 a 19:00 horas e sábados de 11:00 a 13:00 horas. Para participar nesta iniciativa de fomento do tecido asociativo xuvenil é preciso inscribirse no 010.

Os temas a impartir dentro deste obradoiro pedagóxico son, a motivación, as emocións, o autocoñecemento, autocontrol, recoñecemento das emocións, traballo en equipo, asociacionismo, empoderamento, habilidades sociais como principais.

A concelleira tamén explicou que “Os obxectivos máis relevantes do proxecto son adquisición de habilidades sociais, capacidade de participación ou reivindicacións colectivas, fomentar ó respecto ós dereitos humanos como marco de referencia” tamén aproveitou para recordar “os horarios da casa da xuventude que estará aberta de 10.00h a 14.00h pola maña e de 16.30 a 21.30h pola tarde e animar a xuventude para que se achegue para ver as instalacións e utilizar os equipamentos e facer uso da biblioteca, material informático e diferentes salas de reunións”.

Este proxecto conta cun orzamento duns 6.000 euros, subvencionado pola Consellería de Política Social.

Audio

  • A concelleira Ana Gonzalez, sobre o proxecto "14x48: Crea a túa asociación"| Descargar mp3

Noticias relacionadas