Comeza o venres unha nova edición do programa Elixe a túa Noite, que se prolongará até finais de marzo

Luns, 12 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Unha nova edición do programa Elixe a túa Noite dará comezo mañá, venres, con moitas novidades. A máis importante é a incorporación de novos locais para estas actividades de ocio nocturno, como a Casa da Música, o Polideportivo do Palomar e o novo polideportivo de Frigsa.

Así, até o 31 de marzo sucederanse talleres todas as noites de sábado e de domingo tamén nas piscinas municipais de Frigsa e As Pedreiras.

Esta nova edición foi presentada hoxe polos Concelleiros de Deportes e de Xuventude, José Manuel Díaz Grandío e Rosana Rielo, quenes destacaron o éxito que está a ter e o aumento de usuarios con cada edición que pasa.

A Concelleira de Xuventude adiantou que a Casa da Música arrinca con obradoiros novidosos como un taller de manualidades con miga de pan, outro de coiro e o de cociña creativa. Así mesmo, recupérase o taller de candeas, unha proposta dos radares xuvenís. Neste lugar tamén haberá todos os días, de once a dúas, xogos de inxenio, consolas wii e plataformas de baile. Trátase do mesmo operativo que estivo aberto ao público durante o Nadal na praza de Anxo Fernández Gómez.

Nas Pedreiras as novidades serán a incorporación de step, ás sete da tarde, e continuarán o resto de obradoiros, todos de grande éxito, como o de capoeira, ximnasia na auga, batuka e ioga, entre outras.

Por outra banda, tamén continuará dentro do programa as actividades o tai chí que ten lugar os sábados no centro social Uxío Novoneyra, de sete a nove da tarde. Esta actividades está a cargo da Concellería de Benestar Social e ten un elevado número de usuarios.

En canto ás actividades deportivas, o Concelleiro adiantou que se incorporan a pleno rendemento dúas novas que viñan da etapa anterior, o tiro con arco ás once no polideportivo de Frigsa e o boxeo, ás oito, no Palomar.

Por outra banda, o Concelleiro dixo que continuarán as actividades deportivas no interior e no exterior como sempre pero que haberá actividades deportivas puntuais que se irán dando a coñecer no momento no que se organicen, como o concurso de triples ou de tenis de mesa.

Presentou tamén un novo Torneo de Fútbol Sala que se celebrará no polideportivo de Frigsa os venres e os sábados de once e media a unha e media a partir do 2 de marzo. Este pequeno campionato está destinado a equipos non federados. Díaz Grandío explicou que este cambio foi realizado para aproveitar estas novas instalacións e incorporalas tamén ao programa Elixe a túa Noite.

Noticias relacionadas