Lara Méndez e Miguel Fernández deron o pistoletazo de saídas ás distintas categorías desta carreira, que comezou este sábado coa proba máis emblemática, a Nocturna Monumental, na que se citaron uns 2.000 atletas
A seguinte proba celebrarase o 18 de febreiro nun dos percorridos máis habituais dos e das practicantes lucenses deste deporte de base, polo que vén apostando o Concello nos últimos anos, o entorno do río Rato
- Tema

Este sábado comezou con forza unha nova edición do Circuíto Larsa Corre con Nós, que cumpre 18 anos. Fíxoo coa proba máis emblemática, a Nocturna Monumental, na que se deron cita uns 2.000 corredores e corredoras do municipio, da provincia e do resto de Galicia, de todas as idades.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, foron os encargados de dar o pistoletazo de saída ás diferentes categorías da primeira carreira deste circuíto, que fixo do casco histórico o mellor dos itinerarios para facer deporte.
O calendario de probas desta décimo oitava edición do Corre con Nós, amplamente consolidado no calendario deportistas de atletas, estará formado por outras seis carreiras ata xuño. A seguinte celebrarase o 18 de febreiro, a partir das 12:00 horas, nun dos percorridos máis habituais dos e das practicantes lucenses deste deporte de base, polo que vén apostando o Concello de Lugo nos últimos anos, o entorno do río Rato.
A entidade local, xunto con un dos colaboradores deste evento, Coca Cola, impulsaron na xornada desta tarde un #eventoconbuenambiente, co obxecto de reciclar os envases baleiros nos colectores que se habilitaron para este fin ao redor da meta.
Máis información en www.correconnos.com