Cohesión Territorial mellora a iluminación e a seguridade viaria en 44 parroquias da zona rural de Lugo

Ademais, en colaboración coa área de Deportes, está a traballar para ofrecer dotacións deportivas nestas zonas, como as dúas porterías instaladas no campo da festa de Piugos.

A concelleira responsable desta área, Ana González Abelleira, sinala que “estas actuacións supoñen un avance no plan de acción deseñado para mellorar o nosa zona rural”.

Martes, 10 de decembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Cohesión Territorial mellora a iluminación e a seguridade viaria en 44 parroquias da zona rural de Lugo

A concelleira de Cohesión Social e Territorial, Ana González Abelleira, está a supervisar estes días os traballos de mellora da iluminación e da seguridade viaria en 44 parroquias da zona rural de Lugo. En concreto, en 26 destas parroquias colocáronse puntos de luz e cadros eléctricos, ademais de repoñer os fundidos, como as LEDs e a limpeza de postes. Ademais, noutras 18 parroquias do municipio, se está a proceder á limpeza de cunetas, desbroces e limpeza de canalizacións. Estas actuacións supoñen un avance no plan de acción deseñado para as parroquias rurais do municipio, para o cal Ana González Abelleira estuda cada un destes núcleos co obxectivo de determinar as súas  principais necesidades no que respecta a todo tipo de infraestruturas e tamén a dotacións, desde a conservación e dinamización sociocultural dos centros cívicos, rede viaria, alumeado público, sinalización, conservación do patrimonio e equipamentos deportivos. De feito, estes días supervisou, tamén a colocación de dúas novas porterías no campo da festa de Piugos, unha das demandas da veciñanza desta parroquia rural á que se deu resposta, en colaboración coa área de Deportes que dirixe Jorge Bustos.

O obxectivo desta iniciativa, segundo explicou a edil de Cohesión Territorial, é “mellorar a seguridade viaria no ámbito rural do noso municipio, cunha iluminación adecuada e tamén incorporando a sinalización ou os espellos que garanten esa seguridade para condutores e peóns, que nos traslada a propia veciñanza”, sinalou Ana González Abelleira.

Os traballos na mellora da iluminación, mediante a colocación ou substitución de puntos de luz fíxose nas parroquias de Ombreiro, Nadela, Pías, Soñar, O burgo, Santiago de Saa, Meilán, A Louzaneta, RubiásSan Vicente de Pedreda, Bazar, Romeán, Piugos, Bosende, Bocamaos, Coeses, San Salvador de Outeiro, A Campiña, San Pedro de Mera, San Xoán do Alto, Astrar, Santa María de Muxa, Benade, A Ponte e Barbaín. Ademais de nestas 26 parroquias, a área de Cohesión Social e Territorial interveu noutras 18 parroquias, nas que leváronse a cabo actuacións dirixidas á mellora da seguridade viaria, mediante a limpeza de cunetas, desbroces e canalizacións, ademais de levar a cabo a colocación de sinais e espellos.

A edil responsable da zona rural cre que “grazas ao diálogo construtivo con veciños e veciñas, ademais de cos pedáneos, podemos coñecer de primeira man as súas necesidades. Así podemos realizar un estudo da situación da cada parroquia, e ao mesmo tempo, determinar as prioridades e demandas de cara área. Unha vez determinada e definida a situación, podemos actuar dun xeito áxil e efectivo e cubrir as demandas da veciñanza", sinalou Ana González Abelleira.

Audio

  • A concelleira de Cohesión Social e Territorial, Ana González Abelleira, sobre as actuacións no rural | Descargar mp3

Multimedia

  • Cohesión Territorial mellora a iluminación e a seguridade viaria en 44 parroquias da zona rural de Lugo

Noticias relacionadas