Clausúranse as VII Xornadas Locais sobre Violencia de Xénero

Mércores, 26 de novembro de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, e a Directora Xeral de Xustiza de Galicia, Begoña Santos, clausuraron hoxe as VII Xornadas Locais sobre Violencia de Xenero, organizadas polo Concello de Lugo.

Ao longo de tres días foron moitos os expertos que debatiron neste foro sobre a violencia de xénero centrándose, sobretodo, na prevención con ponencias como: “As políticas de emprego como instrumento para combater a violencia contra as mulleres”; “novas formas de violencia de xénero”; “prevención da violencia desde os servizos sociais”; “tres anos de vixencia da Lei integral contra a violencia de xénero”, “plan de prevención contra a violencia de xénero” e “violencia de xénero e medios de comunicación, unha relación controvertida”.

Dentro do programa tamén se proxectou a película “Quiero ser como Beckham” e se representou a obra de teatro Misere na que a protagonista, María, reviviu o seu drama pero ao tempo que se prepara para afrontar o futuro sen medo.

Mañá, ás 21:00 horas, dentro dos actos organizados polo Concello para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero terá lugar un concerto de Diana Navarro no Auditorio Gustavo Ferire e o sábado celebrarase o primeiro encontro de Mulleres Rurais Emprendedoras na pranta baixa do Mercado de Abastos.

Noticias relacionadas