A cidade entrégase á música clásica e barroca por cuadraxésimo quinto ano consecutivo, coa Semana da Música do Corpus

Carmen Basadre, Pilar García, José Luis Díaz e Luis Varela presentaron este festival, que terá lugar do 24 de maio ao 5 de xuño, no Círculo das Artes, na Capela de Santa María e na Casa do Saber

Completa a programación o IV Festival Internacional de Órgano, que se celebra do 16 ao 23 de xuño, na Catedral e na Igrexa de Santiago a Nova

Martes, 16 de maio de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A cidade entrégase á música clásica e barroca por cuadraxésimo quinto ano consecutivo, coa Semana da Música do Corpus

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, a Deputada de Cultura, Pilar García, o representante da Sociedade Filharmónica de Lugo, José Luis Díaz, e o director do Festival de Órgano, Luis Varela, presentaron a XLV Semana de Música do Corpus. Trátase dunha programación de 9 concertos que terán lugar do 24 de maio ao 5 de xuño no Círculo das Artes, na Capela de Santa María e na Casa do Saber da USC. De novo, esta semana de música complétase co programa do IV Festival Internacional de Órgano do Corpus Christi de Lugo, que se celebra do 16 ao 23 de xuño na Catedral e na igrexa de Santiago A Nova. Ademais, o 27 de maio, haberá música na rúa, a cargo do alumnado do conservatorio e das escolas de música, das 12:00 ás 20:00 horas, e no Vello Cárcere, ás 18:00 horas.

Durante a presentación, Carme Basadre manifestou o esforzo que ano tras ano realiza o Concello para garantir a continuidade deste festival, máis que consolidado na cidade, con máis de 3.500 persoas asistentes na última edición. Ademais, a edil convidou a toda a cidadanía a asistir a ambas citas que recuperan, para todos, música clásica e barroca.

Nesta liña insistiu Pilar Porto, quen tamén invitou a visitar gratuitamente, no CENTRAD da Deputación, unha das coleccións máis importantes en Europa de instrumentos de corda medievais dos séculos XII e XIII. Entre estas réplicas atópanse violas ovales, violas en forma de oito, laudes, salterios, arpas, arpas salterio e o organistrum, entre outros.

Pola súa banda, Díaz e Varela agradeceron ao Concello que continúe apostando por levar a cabo os dous festivais, !xa que a súa organización é moi esixente", ao tempo que desexaron que perduren moitos anos máis.

Como xa é habitual nesta cita, en Lugo reuniranse prestixios músicos, como a soprano Roberta Invernizzi, a agrupación Praga Camerata, baixo a batuta de Pavel Hula, ou o viologambista Jordi Savall. Neste festival tamén participará a Banda Filharmónica de Lugo, con J. Alberto Pina como director convidado, as voces, contratenor e baixo de Enrike Sokinís & Euskal Barrokensemble, o pinaista Sergei Yerokhin, a violonchelista Iris Azquinezer, a Orquestra de Cámara da Sinfónica de Galicia e a orquestra barroca II Comattimento.

Festival Internacional de Órgano

Por outra banda, os encargados de poñerlle son ao IV Festival Internacinal de Órgano do Corpus Christi, neste caso organizado polo Centro Eucarístico Lucense coa colaboración da entidade local e enmarcado dentro do ciclo europeo, son os intérpretes Jacob Lorentzen, Fabio Ciofini e Giulio Mercati, Noemí Mazoy, Lidia Basterretxea, Eugenio María Faigani e o coro Solo Voles, con Arturo Barba ao órgano. 

Documento

 

Multimedia

  • A cidade entrégase á música clásica e barroca por cuadraxésimo quinto ano consecutivo, coa Semana da Música do Corpus

Noticias relacionadas