A cidade de Lugo acolle dende mañá os partidos de play-off de ascenso á Liga Feminina de Baloncesto

O Durán Maquinaria Ensino organiza estes encontros nos que participan 8 equipos de toda España

Xoves, 23 de abril de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, Jose Manuel Díaz Grandío, recibiron a visita dos representantes do Durán Maquinaria Ensino, Leganés e Fundal Alcobendas, equipos que participan dende mañá nos diferentes partidos de ascenso á  Fase Final da Liga Feminina 2 que se celebran dende ata o domingo en Lugo.

Díaz Grandío destacou que “Lugo é unha cidade na que se respira baloncesto dende hai moitos anos e existe unha gran afección e moi boas xogadoras que traballan duro e que agardemos que consigan ese ascenso”.

Desta maneira, durante os próximos catro días oito equipos de baloncesto feminino de diferentes puntos de España loitarán polas dúas prazas que permiten o ascenso á Liga Femenina de Baloncesto. Os equipos participantes son o Grupo EM Leganés, Fundal Alcobendas, Plenilunio DO, CREF ¡Hola!, Duran Maquinaria Ensino, CB Arxil Pontevedra, León Cuna del Parlamentarismo e GDKO Bizkaia.

Ademais ao acto tamén asistiron o Xefe do Servicio Provincial de Deportes de Lugo, Manuel Otero, o Deputado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro Iglesias, e o representante da Federación Galega de Baloncesto, Alejandro Alcalde.

Multimedia

Noticias relacionadas